domingo, 24 de novembro de 2013

IMOS AO CULTURGAL?

O próximo fin de semana temos unha cita en Pontevedra co Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. Do venres 30 de novembro ao domingo 1 de decembro dáse cita o sector da cultura para presentar as súas propostas diante dos profesionais e do público. Consta dunha feira, cos seus stands e encontros profesionais, e dunha programación de actividades variadas: presentación de libros, teatro, cinema, música e espectáculos infantís.

Ah!, se ides en tren, podedes conseguir un desconto do 30% no billete. Só hai que entrar na páxina do Culturgal e informarse.



Ningún comentario:

Publicar un comentario