Levamos 30 anos cunha Lei de Normalización
Lingüística, pero os prexuízos cara ao galego continúan vivos. Valentina
Formoso analiza no seu libro Do estigma á estima como valora a
mocidade a nosa lingua. O máis curioso é que nos contextos considerados
maioritariamente galegofalantes os prexuízos tamén existen. Un exemplo diso é o
rexeitamento ao uso da norma estándar, como se non fose o galego auténtico, ou
a identificación entre falar galego e ser nacionalista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario