domingo, 17 de maio de 2015

María do Carme Kruckenberg

Hoxe é o día das Letras (Galegas, claro), dedicado a Filgueira Valverde, pero tamén hai que lembrar a María do Carme Kruckenberg, que finou onte na súa casa de Vigo.
Autodidacta, coñeceu os autores galegos de exilio e foi autora dunha prolífica obra, fundamentalmente poética. Velaí un dos seus poemas, publicado en edición dixital no ano 2001:

Intentar inquedarse polo descoñecido
é deixar que esbaren os anoiteceres
ó longo dun corpo adormecido.
A loita ten que ser permanente,
precisa de coraxe e inconsciencia,
porque nada arredor dos soños
ten que ser necesariamente certo.
Hai que sair cada mencer a roubar
unha estrela,
a desfacer as nubes e alixerar o vento
a romper en mil cachos o silencio pactado.
Hai que arriscar a delor na esperanza
que ameaza converterse: imaxe de abandono.
Ninguén ten xá futuro de naufraxio
mentres arrinques a vida do deserto perfecto.
E fermoso morrer cada xornada ergueita
medrando no regreso da posible saudade.
Intentar inquedarse polo descoñecido
é deixar que esbaren os anoiteceres
ó longo dun corpo adormecido.
A loita ten que ser permanente,
precisa de coraxe e inconsciencia,
porque nada arredor dos soños
ten que ser necesariamente certo.
Hai que saír cada mencer a roubar
unha estrela,
a desfacer as nubes e alixerar o vento
a romper en mil cachos o silencio pactado.
Hai que arriscar a delor na esperanza
que ameaza converterse: imaxe de abandono.
Ninguén ten xa futuro de naufraxio
mentres arrinques a vida do deserto perfecto.
É fermoso morrer cada xornada ergueita
medrando no regreso da posible saudade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario