xoves, 7 de maio de 2015

Dicionario da fala de Pazos

Levamos algún tempo intentando recoller o vocabulario coloquial das xentes de Pazos de Borbén, especialmente aquelas palabras que difiren do galego común na súa forma ou no significado.

A

B

ben (non ser): frase feita

Ser pouco espabilado, ter pouca intelixencia. SIN.: ser a boafé.
Non llo tomes a mal, que non é ben.

breico: s.m. 

1. Mensaxe telefónica, de whatsapp ou sms.
Esta xentiña pasa o tempo co móbil, mandando breicos día e noite. 
(Trátase dun anglicismo, derivado de break, tomado do mundo dos radioafeccionados. Empregábase para finalizar a comunicación.)

2. Salto.
Baixamos o muro dun breico e case apateñamos.

broza: s.f.

1. Excremento.
Os cabalos deixaron o camiño cheo de broza.

2. (figurado) Cousa sen valor ou interese.
Esa película era unha auténtica broza.

C

D

E

espalladeira: s.f.

Apeiro de labranza con mango longo e gallas para espallar ou recoller follas, etc. Forca, forcada, galleta.



F

G

ghapear: v.intr.

Subir por un muro, unha árbore ou outra superficie vertical agarrándose con mans e pernas.
Perdeu as chaves e tivo que ghapear ata o balcón para entrar na casa.

H

I

L

M

N

Ñ

O

P

Q

R

S

salgadeira: s.f.

Recipiente onde se salga e se garda a carne de porco.
Saca os lacóns da salgadeira e ponos a afumar durante uns días.

T

U

V

X

Z

Ningún comentario:

Publicar un comentario