Para o ano 2015 a Real Academia Galega escolleu a figura de Xosé Filgueira Valverde para dedicarlle o día das Letras Galegas. Que se valorou nel? A súa mocidade intelectual no seo do Seminario de Estudos Galegos, aquel grupo de mozos investigadores que afrontaros a realidade galega desde a ciencia moderna; o seu labor de investigador e divulgador lingüístico e literario; e sobre todo, a obra da súa vida, o creación e dirección do Museo de Pontevedra.
De onde vén, xa que logo, a polémica? Seguramente do feito de ser autor dunha obra literaria menor, cando aínda non se lle dedicou o día das Letras a autores moito máis importantes. Mais, sobre todo, da súa traxectoria política.
O propio Filgueira definiuse sempre como galeguista de dereitas, na liña de Otero Pedrayo, co que garda certas semellanzas intelectuais. Con todo, algúns non perdoan o seu cargo de alcalde de Pontevedra durante o franquismo, despois da súa espantada no 36 tralo asasinato de Alexándre Bóveda.
Está claro que a Academia ten as súas escollas, e que esta non foi moi acertada. A frialdade coa que se acolleu a celebración dedicada a Filgueira é unha mostra diso.
Se houbese que destacar algo na obra literaria deste autor, habería que falar da narrativa de Quintana viva e dos seus poemas neotrobadoristas, recollidos en 6 canciones de mar in modo antico. Eis unha mostra:
Nosa Señora da Barca
eu ben a vin no sol posto;
ten unha rosa na man,
outra na mazán do rostro.
Nosa Señora da Barca
eu ben a vin no sol novo;
ten unha estrela no mar,
outra dormida no colo.
Ten unha rosa na man,
outra na mazán do rostro.
Nosa Señora da Barca,
vinde vela no sol posto!
Ten unha estrela no mar
outra dormida no colo,
Nosa Señora da Barca,
vinde vela no sol novo!
A erudición marca incluso a súa obra literaria, o que a afasta dos posibles lectores no ámbito escolar, lugar de privilexio do día das Letras.
Blog do Equipo de Normalización Lingüística do CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén)
domingo, 17 de maio de 2015
María do Carme Kruckenberg
Hoxe é o día das Letras (Galegas, claro), dedicado a Filgueira Valverde, pero tamén hai que lembrar a María do Carme Kruckenberg, que finou onte na súa casa de Vigo.
Autodidacta, coñeceu os autores galegos de exilio e foi autora dunha prolífica obra, fundamentalmente poética. Velaí un dos seus poemas, publicado en edición dixital no ano 2001:
Autodidacta, coñeceu os autores galegos de exilio e foi autora dunha prolífica obra, fundamentalmente poética. Velaí un dos seus poemas, publicado en edición dixital no ano 2001:
Intentar inquedarse polo descoñecido
é deixar que esbaren os anoiteceres
ó longo dun corpo adormecido.
A loita ten que ser permanente,
precisa de coraxe e inconsciencia,
porque nada arredor dos soños
ten que ser necesariamente certo.
Hai que sair cada mencer a roubar
unha estrela,
a desfacer as nubes e alixerar o vento
a romper en mil cachos o silencio pactado.
Hai que arriscar a delor na esperanza
que ameaza converterse: imaxe de abandono.
Ninguén ten xá futuro de naufraxio
mentres arrinques a vida do deserto perfecto.
E fermoso morrer cada xornada ergueita
medrando no regreso da posible saudade.
Intentar inquedarse polo descoñecido
é deixar que esbaren os anoiteceres
ó longo dun corpo adormecido.
A loita ten que ser permanente,
precisa de coraxe e inconsciencia,
porque nada arredor dos soños
ten que ser necesariamente certo.
Hai que saír cada mencer a roubar
unha estrela,
a desfacer as nubes e alixerar o vento
a romper en mil cachos o silencio pactado.
Hai que arriscar a delor na esperanza
que ameaza converterse: imaxe de abandono.
Ninguén ten xa futuro de naufraxio
mentres arrinques a vida do deserto perfecto.
É fermoso morrer cada xornada ergueita
medrando no regreso da posible saudade.
xoves, 7 de maio de 2015
Dicionario da fala de Pazos
Levamos algún tempo intentando recoller o vocabulario coloquial das xentes de Pazos de Borbén, especialmente aquelas palabras que difiren do galego común na súa forma ou no significado.
A
B
ben (non ser): frase feita
Ser pouco espabilado, ter pouca intelixencia. SIN.: ser a boafé.
Non llo tomes a mal, que non é ben.
breico: s.m.
1. Mensaxe telefónica, de whatsapp ou sms.
Esta xentiña pasa o tempo co móbil, mandando breicos día e noite.
(Trátase dun anglicismo, derivado de break, tomado do mundo dos radioafeccionados. Empregábase para finalizar a comunicación.)
2. Salto.
Baixamos o muro dun breico e case apateñamos.
broza: s.f.
1. Excremento.
Os cabalos deixaron o camiño cheo de broza.
2. (figurado) Cousa sen valor ou interese.
Esa película era unha auténtica broza.
C
D
E
espalladeira: s.f.
Apeiro de labranza con mango longo e gallas para espallar ou recoller follas, etc. Forca, forcada, galleta.
F
G
ghapear: v.intr.
Subir por un muro, unha árbore ou outra superficie vertical agarrándose con mans e pernas.
Perdeu as chaves e tivo que ghapear ata o balcón para entrar na casa.
H
I
L
M
N
Ñ
O
P
Q
R
S
salgadeira: s.f.
Recipiente onde se salga e se garda a carne de porco.
Saca os lacóns da salgadeira e ponos a afumar durante uns días.
T
U
V
X
Z

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)