Debemos diferenciar entre estas
formas, xa que poden dar lugar a confusión.
A forma senón é unha conxunción
adversativa (equivale a pero) que se emprega como
contraposición dunha oración negativa:
Non vou ir en avión, senón en tren (= pero vou
en tren)
Hoxe non temos carne, senón peixe (= pero temos
peixe)
Esta partícula pode ter valor comparativo,
equivalente a máis que, ou
preposicional, equivalente a agás:
Non fas outra cousa senón protestar
Non fas outra cousa senón protestar
Por outra parte temos a conxunción se
mais a negación non. Introduce unha condicional negativa:
Se non vés axiña, marcho eu só
Leva cartos, se non, como vas facer a compra?
(= se non levas cartos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario