Comeza o 2014 cos ceos desfacéndose en chuvia e o mar castigando as rochas para levar consigo parte de nós. Esta parece unha imaxe tópica da Galicia da chuvia, sempre verde, das perdas sen remediao. Aínda existe esa Galicia eterna? Será que seguimos a escoitar a chuva envoltos nas sabas do sono, a durmir, como xa dixera Añón?
Sobre esa Galicia eterna, inamovible, reflexionou o poeta Díaz Castro no seu libro Nimbos, e sobre todo, no máis famoso dos seus poemas, "Penélope":
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
Ningún comentario:
Publicar un comentario