martes, 7 de xaneiro de 2014

A MATERIA DOS SOÑOS, E DO SONO

O sono e o soño non son o mesmo, aínda que están moi relacionados. Despois dun día de traballo, esgotados, deitámonos con ganas de durmir, ou o que é o mesmo, con sono. Adormecemos por fin,  quizais despois de bocexar durante un rato e, se o sono é plácido, gozaremos de belos soños, é dicir, de belas imaxes que pasan pola nosa mente mentres durmimos. Aínda que para isto algúns non necesitan durmir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario