mércores, 4 de novembro de 2015

Os meteorólogos de Pazos

Disque en galego hai máis dun cento de palabras relacionadas coa chuvia: poalla, barrafa, chuvisca, orballo... Non me estraña, chove tanto!

Este ano, en toda a etapa de infantil e primaria, ímonos a converter en científicos e indagar sobre o clima e a meteoroloxía.

Todos os días, unha aula encárgase de actualizar o panel meteorolóxico central, onde recollemos datos de temperaturas grazas aos termómetros que temos nos corredores e exteriores do centro, indicamos a pluviosidade e cantidade de chuvia acumulada o día anterior e temos un mapa co tempo actual e a predición futura. Pemán vaise quedar abraiado co noso traballo. Que non sabes quen é Pemán? Pregunta á túa familia.


E todas estas actividades, coñecendo un pouco máis o noso idioma.

Aquí tedes o panel.

Teredes máis novas nosas proximamente.














Ningún comentario:

Publicar un comentario