Blog do Equipo de Normalización Lingüística do CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén)
martes, 10 de novembro de 2015
mércores, 4 de novembro de 2015
Os meteorólogos de Pazos
Disque en galego hai máis dun cento de palabras relacionadas coa chuvia: poalla, barrafa, chuvisca, orballo... Non me estraña, chove tanto!
Este ano, en toda a etapa de infantil e primaria, ímonos a converter en científicos e indagar sobre o clima e a meteoroloxía.
Todos os días, unha aula encárgase de actualizar o panel meteorolóxico central, onde recollemos datos de temperaturas grazas aos termómetros que temos nos corredores e exteriores do centro, indicamos a pluviosidade e cantidade de chuvia acumulada o día anterior e temos un mapa co tempo actual e a predición futura. Pemán vaise quedar abraiado co noso traballo. Que non sabes quen é Pemán? Pregunta á túa familia.
E todas estas actividades, coñecendo un pouco máis o noso idioma.
Aquí tedes o panel.
Teredes máis novas nosas proximamente.

martes, 3 de novembro de 2015
E depois do Samaín, chegamos ao Magosto.
Nas vindeiras semanas, traballaremos no centro todo o relacionado con esta celebración e, un día calquera, faremos a nosa particular celebración camiñando cara o solsticio de inverno.
VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.
ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais

domingo, 1 de novembro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)