mércores, 23 de outubro de 2013

ACCIÓN, ACTO, CONDUCIÓN, CONDUTO

Os grupos cultos cc e ct mantéñense tras as vogais a, e, o, por exemplo: acción, adxectivo, defecto, electricidade, nocturno ou occidente.
A primeira consoante desaparece cando a vogal anterior é u, i, como en aflición, conduta, dicionario, produción, vítima.
Si se conserva cc ou ct nalgúns casos: adicción, adicto, convicción, convicto, deíctico, dicción, dúctil, edicto, ficción, ficticio, fricción, invicto, veredicto, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario