Blog do Equipo de Normalización Lingüística do CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén)
domingo, 27 de outubro de 2013
QUE PASA COA GHEADA?
A gheada é un fenómeno fonético propio do galego e consiste en pronunciar como aspirado o g de gato, rapariga ou amigo. Ás veces esa pronuncia pode ser farínxea, é dicir, parecida ao iota do castelán, mais non é moi común. É menos frecuente se o g aparece tras consoante nasal, como na palabra domingo. Neste caso o g vólvese moitas veces xordo. A pronuncia sería algo así como dominko.
Trátase dunha pronuncia que alterna coa habitual velar, que algúns chaman como g suave. Iso quere dicir que non hai unha grafía diferente, xa que pronunciar con ou sen gheada non conleva unha diferenza de significado. Se quixermos marcar nun texto que unha palabra se pronuncia con gheada utilizaremos o dígrafo gh: ghato, raparigha, etc. En certas transcricións úsase kh para representar a pronuncia farínxea.
Nas nosas aulas encontrámonos con que moito alumnado, e tamén profesorado, ten unha consideración negativa desta pronuncia. Dáse tanto en contornos galegofalantes como nos que o son menos, nas zonas de gheada e nas que non o son. Moitas veces o alumnado evita a gheada cando se fai unha lectura de clase, ou ao realizar unha actividade oral, aínda que na fala coloquial a utilicen. Ademais prodúcelles risa que o profesorado fale en ocasións con gheada. O profesorado non o emprega habitualmente, influído polos usos formais da lingua, e algúns pensan que no fondo están reproducindo modelos do castelán.
Claro que as opinión difiren: para uns débese fomentar o seu uso, ou non reprimilo, e para outros é unha mostra de uso folclorista do idioma e, xa que logo, habería que evitalo. Quizais deberiamos procurar que non haxa tanto distanciamento entre o que fala o alumnado e o que ensinamos nas aulas. Que a gheada sexa algo máis natural e aceptábel. Vós que pensades?

mércores, 23 de outubro de 2013
ACCIÓN, ACTO, CONDUCIÓN, CONDUTO
Os grupos cultos cc e ct mantéñense tras as vogais a, e, o, por exemplo: acción, adxectivo, defecto, electricidade, nocturno ou occidente.
A primeira consoante desaparece cando a vogal anterior é u, i, como en aflición, conduta, dicionario, produción, vítima.
Si se conserva cc ou ct nalgúns casos: adicción, adicto, convicción, convicto, deíctico, dicción, dúctil, edicto, ficción, ficticio, fricción, invicto, veredicto, etc.

martes, 22 de outubro de 2013
BENVIDA
Dámosvos a benvida ao noso novo blog. Queremos unir a todos os que teñen relación co CPI Curros Enríquez e queiran coñecer as nosas actividades de normalización lingüística. Desexamos publicar materiais para traballar co alumnado, iniciativas varias e novas relacionadas coa lingua, coa cultura e coa nosa contorna. Tamén pensamos nos que teñen dúbidas sobre o uso da lingua e pretendan aclaralas. Comezamos...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)